Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.
Se nunha comunidade hai dúas linguas en contacto, estas reproducen a xerarquía social existente dentro dela: unha das linguas -a dominante- vai ocupando progresivamente os ámbitos da outra -a dominada- e provocando a súa substitución. A esta lingua dominada ou recesiva (que vai perdendo usos) chámaselle tamén lingua minorizada e é empregada unicamente nos ámbitos socioculturais máis baixos e ignorada ou desprezada nos máis elevados, dos que foi desprazada pola lingua dominante.
Un dos moitos obstáculos no camiño da normalización é a vixencia de determinados estereotipos e prexuízos lingüísticos que pretenden transmitir a idea de que a lingua minorizada (o galego no noso caso) non é tan válida para o desenvolvemento como a hexemónica, polo que non ten futuro: -o galego é propio do mundo rural -o galego non serve para as matemáticas ou a informática -o galego non serve para nada fóra do territorio -o que hai que aprender é inglés e non galego -o galego só o falan os nacionalistas -o galego normativo é “inventado” -o galego non ten sentido no mundo actual globalizado e con Internet
Todas son falsas verdades e tamén se aplican noutros casos de linguas minorizadas. O galego é unha lingua tan válida coma calquera outra en todas as situacións.
Se non existisen estes prexuízos poderiamos falar dun bilingüismo harmónico entre as dúas linguas, unha convivencia pacífica na que cada quen fale o que lle apeteza e domine ben os dous idiomas. Esta solución pode hoxe darse en determinados falantes mais aínda semella utópica no conxunto da sociedade na que seguen vixentes os citados prexuízos lingüísticos.
Todas as linguas presentan unha forte tendencia á diversidade, especialmente no plano oral. A existencia dunha variedade estándar -a que se usa nos ámbitos formais, a que se describe nas gramáticas- contribúe a frear esa dispersión.
O galego, lingua de reis e dos cancioneiros medievais, tardou en contar cunha variedade estándar, o que se coñece co nome de normativización lingüística: fixación dunha ortografía, unha gramática e un dicionario que sirvan de modelos cultos a imitar.
As interferencias son o influxo dunha lingua sobre outra, frecuente en situacións de contacto lingüístico e que afectan maioritariamente á lingua máis débil, no noso caso é o castelán o que actúa sobre o galego. Aparecen en todos os planos da lingua. TIPO DE CASTELANISMOS:
- No plano fónico: Redución do sistema vocálico de 7 vogais a 5, eliminando a oposición entre semiabertas e semipechadas
- No plano morfolóxico: cambio de xénero de determinados substantivos (*o ponte, *a sangue), seguindo a norma castelá, confusión dos pronomes TE/CHE, uso de tempos verbais compostos
- No plano sintáctico: incorrecta colocación dos pronomes átonos
- No plano léxico é onde máis abundan e responden a diferentes motivacións: prevalencia da palabra coincidente co castelán (comprar por mercar), restrición do significado, adoptando a palabra castelá para a realidade de maior prestixio (billa / *grifo), substitución da forma galega pola castelá (*arcilla por arxila, *tenedor por garfo...)
Chamámoslles desviacións a aquelas voces que non se axustan á normativa, ben porque non pertencen ao nivel culto (vulgarismos, dialectalismos), ben por non seren palabras de uso actual (arcaísmos), ben por seren inventos motivados indirectamente pola presión do castelán (hipergaleguismos).
En 1939 acabou a Guerra Civil que consolidou un Estado que suprimiu as autonomías e que puxo como única lingua o castelán. Pero aínda así apareceron algúns poemarios en galego e Filgueira Valverde redactaba o folleto chamado “O gaiteiro de Lugo”. No ano 1949 creou a editorial dos Bibliófilos Gallegos que publicaría a primeira novela longa da posguerra.
A LINGUA GALEGA ASOMA A ORELLA EN 1949 Dentro de Galicia comeza unha tímida recuperación a partir de 1947, coa publicación de Cómaros verdes. No 1949 sae en Pontevedra a Colección Benito Soto, dirixida por Celso Emilio Ferreiro e no ano seguinte, constitúese a Editorial Galaxia, que abre novos camiños. EDITORIAL GALAXIA
Esta anómala situación provoca que vexan a luz simultaneamente as obras de tres xeracións diferentes:
I. Xeración do 36. Poetas nados entre 1910-20; a guerra cólleos na súa xuventude. Son poetas de culturas e estilos moi diferentes: A. Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Aquilino Iglesia Alvariño, María Mariño, etc.
II. Promoción de Enlace, nados entre 1920-30. Tampouco son un grupo coherente. Formados culturalmente en castelán, escriben primeiro nas dúas linguas. Viven o drama social da posguerra e a pobreza cultural dunha sociedade censurada e bastante illados da cultura europea: Luz Pozo Garza, Manuel Cuña Novás...
III. Poetas das "Festas Minervais", nados entre 1930-40, non coñecen a Guerra Civil: Manuel María, Uxío Novoneyra, Xoana Torres, ou Méndez Ferrín... Neles xa existe unha conciencia de grupo, implicándose en feitos colectivos como a restauración das Festas Minervais universitarias ou a creación do grupo Brais Pinto. Mantéñense en contacto e comparten afinidades ideolóxicas contribuíndo a crearen as organizacións nacionalistas de esquerdas.
Seguen as tendencias anteriores: hilozoísmo, neotrobadorismo, paisaxismo ruralista... Pouco a pouco irán aparecendo formas novas nesta posguerra: intimismo -seguindo a liña iniciada por Rosalía-, clasicismo... A forma poética máis característica será a Escola da tebra ou "poesía do neboeiro": poesía intimista de enfoque pesimista da vida, que mestura contidos existencialistas e fórmulas surrealistas.
A finais dos 50 xorde o realismo coloquial, que foxe da linguaxe poética tradicional e explora as posibilidades da linguaxe da rúa abrindo o camiño á poesía socialrealista. Esta será a liña temática absolutamente dominante ata mediados os anos 70.
A partir de 1950 debemos destacar algúns acontecementos culturais que marcan a vida da literatura galega:
– A Colección Benito Soto de poesía foi un proxecto editorial levado a cabo en Pontevedra entre 1948 e 1952 polos poetas Emilio Álvarez Negreira, Sabino Torres Ferrer, Manuel Cuña Novás e o pintor Rafael Alonso.
– A Editorial Galaxia
A editorial Galaxia foi fundada o 25 de xullo de 1950 en Santiago de Compostela por un grupo de galeguistas entre os que atopaban Otero Pedrayo, Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro ou Xaime Illa Couto.
En 1957, crea a colección de poesía Illa Nova, que se estrea coa publicación do libro de Xohana Torres “Do sulco”.
– O Grupo Brais Pinto (1958)
A finais dos anos 50 do século pasado, un grupo de estudantes e intelectuais galegos coinciden en Madrid, Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Reimundo Patiño, Xosé Fernández Ferreiro, Bautista Álvarez, Ramón Lourenzo, Uxío Novoneyra, César Arias, Herminio Barreiro, Aleixandre Cribeiro, Manoel María e ‘Ben-Cho-Shey’. Entre todos deciden fundar o Grupo Brais Pinto. Organizan faladoiros, actividades culturais, crean unha editora e unha colección de poesía.
En 1939 acabou a Guerra Civil que consolidou un Estado que suprimiu as autonomías e que puxo como única lingua o castelán. Pero aínda así apareceron algúns poemarios en galego e Filgueira Valverde redactaba o folleto chamado “O gaiteiro de Lugo”. No ano 1949 creou a editorial dos Bibliofilos Gallegos que publicaría a primeira novela longa da posguerra.
Un ano despois de que Filgueira Valverde creara a editorial dos Bibliofilos Gallegos outros galeguistas decidiron crear a Editorial Galaxia. A esta editorial debémoslle o primeiro gran dicionario, unha importante gramática, unha revista científica en galego que aínda existe hoxe e sobre todo a explosión dunha gran creación literaria.
Animación en plastilina baseada nun texto de Álvaro Cunqueiro. Alistán é un demo que sofre un grave desaxuste intestinal, o que lle produce o rexeitamento dos habitates do bosque. Para resolver o seu cheirento problema, Alistán vai ao médico que lle receita o consumo exclusivo de ovos de galliña, sempre que non o pille o sacristán de Seixido.
Si o vello Sinbad volvese ás illas: fragmentos lidos por Gustavo Pernas (4,51 min.) e Paco Martín (2,33 min.).
A orella dereira de Antón de Leivas. Capítulo da serie da TVG "Os outros feirantes" baseada en "semblanzas" de Álvaro Cunqueiro. Director: Xosé Cermeño. Protagonizado por Santiago Ramos. Rodado en Camariñas
Curtametraxe de animación stop motion baseada nun relato do libro A lus do candil de Anxel Fole, dirixida e animada por Virginia Curiá e Tomás Conde.
Na noite de defuntos nunha vila galega, unha rapaza foxe da súa casa co seu mozo para prometérense amor eterno. Esa mesma noite os veciños escoitan unhas misteriosas voces que no cemiterio falaban en castelán.
O cadaleito, curtametraxe sobre o relato "A caixa de morto"
"O documento": lectura de fragmentos deste relato de Á lus do candil realizada por Carlos Vázquez. Duración: 3,12 min.
Interpretación cinematográfica do capitulo "A arrasadeira" do libro "Os biosbardos", de Eduardo Blanco Amor.
Este período literario aparece fondamente marcado pola Guerra Civil e as consecuencias políticas e sociais que dela se derivaron.
- Grande represión cultural e lingüística durante a ditadurafranquista en Galiza, que provoca o exilio de numerosos intelectuaiscomprometidos co nacionalismo, o republicanismo ousimplemente coa democracia.
- Ante a práctica imposibilidade de publicar en galego até a década dos 50 no noso país, cobra unha vital importancia a actividade cultural do exilio.
- O exilio galegocontacunhapeculiaridade importante: a existenciadunhainfraestrutura asociativa estable en moitos países de Latinoamérica creada por intelectuais que xa vivían naemigración antes da irrupción da Ditadura.
- En consecuencia, a práctica totalidade do exilio galego diríxese cara a eses países do continente americano.
- Desenvolvemento da literatura comprometida, integrada con correntesmáisamplas da época: existencialismo, marxismo, pacifismo.
A partir dos anos 50 e 60 reactívase a actividadeliteraria, social e política en Galiza.
Prodúcese un importante movemento de renovación da expresión formal e da temática da narrativa.
LIÑAS TEMÁTICAS DA NARRATIVA (1936-1976)
►Continuadores da xeraciónNós: novela de carácter máis tradicional, seguindo o modelo de Otero Pedrayo
R. CARVALHO CALERO: A xente da barreira (1950)
► Realismo popular, etnográfico: narrativa breve, baseada nas lendas populares
ÁNXEL FOLE: Á lus do candil(1952)
►Realismo social: intención de denuncia, crítica e análise da sociedade