sábado, 15 de febrero de 2020

O VERBO

INDICATIVO (modo non marcado, expresa a realidade)
Presente (ando, varro, parto): 
1. Tempo presente e aspecto imperfectivo: falamos moito esta tarde.
2.1. Presente intemporal ou permanenteo carballo é unha árbore.
Realidades concibidas fóra do tempo, eternas ou de validez ilimitada.
2.2. Presente habitualtemos clase polas mañás.
Accións que se repiten con regularidade.
2.3. Presente por futuro (prospectivo)vémonos mañá.
Acción futura.
2.4. Presente históricoRosalía publica Cantares Gallegos o 17 de maio de 1863.
Acción pasada: frecuente en narracións para dar viveza e proximidade psicolóxica.
2.5. Presente imperativoTi fas todo o que che manden.

Copretérito ou imperfecto (andaba, varría, partía)
1. Tempo pasado, aspecto imperfectivo: moi ben o pasabamos no verán.
Tamén, valor relativo relacionado con outro tempo: cando cheguei á casa, saía Lula.
2.1. De cortesíaeu quería saber se venden ordenadores.
Para preguntar ou pedir algo.
2.2. NarrativoUnha vez había un home ao que lle medraba a orella dereita.
Con certa vaguidade temporal. 

Pretérito ou pretérito perfecto (andei, varrín, partín)
1. Tempo pasado en relación ao presente, aspecto perfectivo: chegou onte pola noite.
2.1. Anterior a un momento futuro: cando chegue a noite xa se esqueceu.
2.2. Futuro negativoo coche que che prometín creo que xa o viches.

Antepretérito ou pluscuamperfecto (andara, varrera, partira):
1.Acción anterior a outra pasada: cando cheguei á estación xa marchara o tren.
2.1. De cortesíaquixera que me deixase unha cousa.
2.2. Desiderativoquen me dera esa moto! 
Este tempo pode aparecer en contextos idénticos aos do pretérito de subxuntivo (non sabía que estiveras, non sabía que estiveses). Pero a forma en -se non pode aparecer cos valores do antepretérito de indicativo: cando cheguei, xa *marchase o tren.

Pospretérito ou condicional, futuro hipotético (andaría, varrería, partiría)
1. Acción posterior con respecto ao pasado: dixo que despois che faría o encargo.
2. Probabilidade (sen significado temporal): serían moi intelixentes, pero fracasaron.

Futuro (andarei, varrerei, partirei)
1. Acción que se realizará despois do presente: pasadomañá xogaremos un partido.
2.1. De obrigatoriedademañá estudarás máis.
2.2. De probabilidadeterá cincuenta anos.


SUBXUNTIVO (modo da irrealidade; no terreo do desexo, da posibilidade…)

Presente (ande, varra, parta)
1.     Tempo presente: dille que vaia hoxe.
2.     Tempo futuro: quero que fagas todo isto.
3.     Imperativo: non berres que non son xordo.
Pretérito (andase, varrese, partise)
Pode indicar pasado, presente ou futuro, dependendo da situación na que se estea a falar: aconselloume que vise aquela película, non creo que chegase aínda.

Futuro (andar, andares…)
Acción non real con probabilidade de realizarse: cando viñeres pola casa, veralo.

1. Forma: ten as mesmas desinencias que o infinitivo conxugado, de maneira que a súa forma pero nos verbos irregulares leva a raíz de pretérito:

·       coincide nos verbos regulares: andarmos e andarmos; comeren e comeren;
·       é distinta nos irregulares por levar a raíz de pretérito:
infinitivo conxugado: dicirdes, quereren, caberes;
futuro de subxuntivo: dixerdesquixerencouberes.

2. Valor: indica unha acción futura non real pero con probabilidade de realizarse
cando viñeres pola casa, veralo

3. Uso: este tempo verbal está case perdido na fala
- consérvase en frases feitas e refráns: veña o ben e veña por onde quixer
- estase a recuperar sobre todo na lingua literaria e en rexistros formais da escrita documental xurídica e administrativa: os que botaren o lixo fóra dos colectores, serán multados.


IMPERATIVO: Expresa ordes, suxerencias, consellos… 
Só ten como formas propias as p2 e p5: anda, andade; varre, varrede; parte, partide. Nas outras persoas emprégase o presente de subxuntivo: 
Responde ao que che preguntan, que respondan ao que lles preguntan.

INFINITIVO CONXUGADO

1. Fórmase sobre a base do infinitivo nominal, tanto nos verbos regulares coma nos irregulares: and-a-r, and-a-re-s, and-a-r, and-a-r-mos, and-a-r-des, and-a-re-n

2. Emprégase nos seguintes casos:

2.1. Cando leva suxeito distinto ao do verbo da oración dominante: entrou na casa sen o saberen os donos, ao chegaren as chuvias sacaban os paraugas.

2.2. Aínda tendo o mesmo suxeito que o da frase dominante, cando vai precedido de preposición, sobre todo se vai antes: paraachegáreste a eles, toma precaucións; antes de marchardes, comede algo.

Cando vai posposto ao verbo da oración dominante, usarémolo fundamentalmente se hai certa distancia entre ambos: Seguide por ese estreito carreiro da beiramar ata verdes as illas.

3. Non o usaremos nunca
·       nas perífrases: tedes que traballar,
·       cando a preposición é esixida polo verbo: non vos esquezades de cerrar ben a billa.

4. Úsase en frases completivas e circunstanciais do máis variado:
·       completivas (sen nexo): estardes atentos é fundamental, é preciso abrigármonos;
·       circunstanciais (sempre encabezado por unha preposición, nunca conxunción):
·       finais (con para): apurade un pouco máis o paso para chegardes a tempo;
·       causais (con por): por falarmos de máis, metémonos nun compromiso;
·       temporais (coa contracción ao): ao chegares, avísame;
·       condicionais (con de): de cociñares mellor, contrataríante;

·       concesivas e outros valores (con con): con choraren, non o van conseguir.

MORFEMAS VERBAIS
  • R = Raíz.
  • VT = Vogal temática.
  • SMT = Sufixo modo temporal.
  • SNP = Sufixo número persoal.


















VARIEDADES LINGÜÍSTICAS GALEGO

Unidade e variantes do galego Todas as linguas teñen distintas formas de falarse: unha estudante, un mariñeiro e unha médica, fal...