VISUALIZAR A PARTIR DO MINUTO 14' 20"
A chamada “Nova Narrativa Galega” (NNG) é un
conxunto de obras editadas entre fins dos 50 e comezos dos 70 que inauguran un
novo xeito de narrar en contraposición ás fórmulas tradicionais, representadas
no caso galego polas obras narrativas dos membros da Xeración Nós (Otero,
Risco, Castelao) e dos seus continuadores (Carballo Calero, Ánxel Fole,
Cunqueiro ou Neira Vilas).
A NNG supón unha asimilación consciente dunha
serie de técnicas, temas e procesos fondamente renovadores utilizados na
narrativa universal do século XX.
► INFLUENCIAS: Cambios na narrativa a nivel mundial:
Freud, James Joyce, Kafka
CARACTERÍSTICAS QUE PRESENTAN AS NOVELAS DA
NOVA NARRATIVA GALEGA:
● Fuxida da localización concreta dos
espazos (aínda que é clara a preferencia por ambientes urbanos e non
rurais),
● Redución temporal.
● Pluralidade de voces
narrativas e alternancia de narradores en 1ª e 3ª persoa e abundante
emprego da técnica do monólogo interior (exploración
do subsconsciente, discurso mental non pronunciado, fluír da conciencia)
● Creación de mundos literarios artificiais e
enigmáticos e fusión desacougante e inquietante de
realidade e fantasía.
● Tema do absurdo existencial,
intentando producir un sentimento de angustia no lector. Esta narrativa manexa
personaxes problemáticas, submidas en estados patolóxicos, na loucura e con
personalidades desdobradas. Son figuras que non logran delimitar fielmente os
límites entre soño e realidade.
● Presenza reiterada da violencia,
da agresividade e da tensión nas relacións humanas. Os sexo e
a morte son ideas obsesivas nestas novelas.
● Abundantes referencias literarias e
culturais, uso de textos e fragmentos doutros autores, repetición de temas e
motivos doutras obras (especialmente dos de Kafka).
EN
CONCLUSIÓN:
-
TEMÁTICA: Expresión do absurdada existencia, pesimismo,
desesperanza; asasinatos, suicidios, fracasos persoais,
amor insatisfeito, soidade, illamento, episodios patolóxicos...
- PERSONAXES: Perdidos,
desnorteados, movidos polas circunstancias,sen control do seu
destino, violentos, agresivos, solitarios, desequilibrados,
autodestrutivos... antiheroes.
- TEMPO: Gusto pola ruptura
da orde cronolóxica (analepeses,
prolepses...) redución radical do tempo.
- ESPAZOS: Maioritariamente
urbanos ou suburbiais. Fuxida consciente do ruralismo.
Ambientes claustrofóbicos, sórdidos. Cosmopolitismo, localizacións estranxeiras.
- NARRADOR: Preferencia pola primeira persoa protagonista e
as perspectivas obxectivistas,
que mostran a historia sen explicala,
multiperspectivismo, monólogo interior.
- ESTILO: Simple, oracións curtas,
marcada tendencia ao coloquialismo,fuxida da
retórica; descricións de natureza obxectalista; gusto pola mesturade xéneros, pola narrativa
“collage”.
(a partir do min 14)
► PRINCIPAIS OBRAS E AUTORES DA NOVA
NARRATIVA GALEGA
Por regra xeral acostuma indicarse como data
fundacional 1956, ano en que se publica Memoria de Tains, de Gonzalo Rodríguez
Mourullo. A data límite é máis borrosa: para algún péchase coa publicación en
1972 de Adiós, María, de Xohana Torres; para outros prolóngase aínda en novelas
como Cara Times Square (1980), de Camilo Gonsar.
► X.
L. MÉNDEZ FERRÍN:
As súas tres primeiras
obras encádranseclaramente dentro das características da NNG: personaxes problemáticos
(violentos, incomunicados, con diversas patoloxías...), espazos urbanos,
estilo menos elaborado.... A partir de Retorno
a Tagen Ata (1971), o
experimentalismo vaise reducindo, ao tempo que a realidade
social e politica galega vai cobrando máis peso.
-
Reconstrución e interpretación dun pasado mítico
que remite á cultura celta ou á materia artúrica.
-
Constante relación entre realidade
e fantasía.
-
Profusión de topónimos e antropónimos
de aparencia céltica, oriental ou nórdica:
Ulm, Nmógadah, Grieih...
-
Creación de espazos literarios propios cargados de
simbolismo: Tagen Ata, Terra Ancha, Grande Fraga...
-
Grande presenza de intertextualidade: personaxes, espazos, situacións,
que se van repetindo en obras diferentes
e incorporación de elementosliterarios doutros autores.
Obras: Percival
e outras historias, O crepúsculo e as formigas, Arrabaldo do
norte, Retorno a Tagen Ata, Bretaña, Esmeraldina, No
ventre do silencio.
► CARLOS
CASARES:
- Etapa
de renovación formal, ligada á nova estética da
NNG: abrangueVento ferido,
Cambio en tres e Xoguetes
pra un tempo prohibido :
realidade desacougante e opresiva, monólogo
interior, obxectivismo, emprego da 2ª persoa, presenza de
elementos autobiográficos, ambientes predominantemente urbanos...
- Etapa de madurez (Os
escuros soños de Clío, Ilustrísima, O sol doverán): novelas máis realistas,
centradas en situacións históricas de
distintos períodos do século XX, sen renunciar ao elemento
fantástico. Constante aparición do
Mal, orixinado pola mentira, a calumnia, o
engano... como motor dos conflitos
sociais. Gusto polo humor, a ironía, a
parodia.
► RODRÍGUEZ
MOURULLO: Memorias de Tains está
composto por oito cartas que conteñen historias entrelazadas,radicadas nunha cidadeimaxinaria xa desaparecida,
que presentan unha atmosfera de angustia, de pesadelo.
► CAMILO
GONZÁLEZ SUÁREZ-LLANOS (CAMILO GONSAR) publica algunhas das
novelas máis representativas do grupo:
técnica obxectalista, temática sobre a violencia e o absurdo
humano, ambientacións afastadas da realidade galega
(Madrid, Nova York)... Cara a Times Square .
► MARÍA
XOSÉ QUEIZÁN: A orella no buraco enmárcase de cheo na
estética da NNG. Narra a biografía dun emigrante fracasado,
desde a atemporalidade e a partir
de sucesivos monólogos. Nótase unha grande
influencia do nouveau roman na descrición obxectalista.
► XOHANA TORRES: a súa obra máis significativa é Adiós, María ((1970) novela iniciática
que aborda a problemática da integración dunha familia de procedencia rural no
mundo urbano dunha cidade na Galiza dos anos 60. Utiliza técnicas innovodoras
como o monólogo interior ou o tempo subxectivo


No hay comentarios:
Publicar un comentario