En 1939 acabou a Guerra Civil que consolidou un Estado que suprimiu as autonomías e que puxo como única lingua o castelán. Pero aínda así apareceron algúns poemarios en galego e Filgueira Valverde redactaba o folleto chamado “O gaiteiro de Lugo”. No ano 1949 creou a editorial dos Bibliofilos Gallegos que publicaría a primeira novela longa da posguerra.
Un ano despois de que Filgueira Valverde creara a editorial dos Bibliofilos Gallegos outros galeguistas decidiron crear a Editorial Galaxia. A esta editorial debémoslle o primeiro gran dicionario, unha importante gramática, unha revista científica en galego que aínda existe hoxe e sobre todo a explosión dunha gran creación literaria.
ÁLVARO CUNQUEIRO
Animación en plastilina baseada nun texto de Álvaro Cunqueiro. Alistán é un demo que sofre un grave desaxuste intestinal, o que lle produce o rexeitamento dos habitates do bosque. Para resolver o seu cheirento problema, Alistán vai ao médico que lle receita o consumo exclusivo de ovos de galliña, sempre que non o pille o sacristán de Seixido.
Si o vello Sinbad volvese ás illas: fragmentos lidos por Gustavo Pernas (4,51 min.) e Paco Martín (2,33 min.).
Merlín e familia: fragmentos lidos por Carlos Mella (1,43 min.), Xavier Alcalá (1,05 min.) e Estíbaliz Espinosa (2,36 min.)
Dona do corpo delgado: lectura do poema "Soedade primeira" feita por Laura Caveiro. Duración: 1,53 min.
A orella dereira de Antón de Leivas. Capítulo da serie da TVG "Os outros feirantes" baseada en "semblanzas" de Álvaro Cunqueiro. Director: Xosé Cermeño. Protagonizado por Santiago Ramos. Rodado en Camariñas
FOLE
O tesouro
Os lobos
Os difuntos falaban castelao
Curtametraxe de animación stop motion baseada nun relato do libro A lus do candil de Anxel Fole, dirixida e animada por Virginia Curiá e Tomás Conde.
Na noite de defuntos nunha vila galega, unha rapaza foxe da súa casa co seu mozo para prometérense amor eterno. Esa mesma noite os veciños escoitan unhas misteriosas voces que no cemiterio falaban en castelán.
O cadaleito, curtametraxe sobre o relato "A caixa de morto"
"O documento": lectura de fragmentos deste relato de Á lus do candil realizada por Carlos Vázquez. Duración: 3,12 min.
Interpretación cinematográfica do capitulo "A arrasadeira" do libro "Os biosbardos", de Eduardo Blanco Amor.
Este período literario aparece fondamente marcado pola Guerra Civil e as consecuencias políticas e sociais que dela se derivaron.
- Grande represión cultural e lingüística durante a ditadura franquista en Galiza, que provoca o exilio de numerosos intelectuais comprometidos co nacionalismo, o republicanismo ou simplemente coa democracia.
- Ante a práctica imposibilidade de publicar en galego até a década dos 50 no noso país, cobra unha vital importancia a actividade cultural do exilio.
- O exilio galego conta cunha peculiaridade importante: a existencia dunha infraestrutura asociativa estable en moitos países de Latinoamérica creada por intelectuais que xa vivían na emigración antes da irrupción da Ditadura.
- En consecuencia, a práctica totalidade do exilio galego diríxese cara a eses países do continente americano.
- Desenvolvemento da literatura comprometida, integrada con correntes máis amplas da época: existencialismo, marxismo, pacifismo.
A partir dos anos 50 e 60 reactívase a actividade literaria, social e política en Galiza.
Prodúcese un importante movemento de renovación da expresión formal e da temática da narrativa.
LIÑAS TEMÁTICAS DA NARRATIVA (1936-1976)
► Continuadores da xeración Nós: novela de carácter máis tradicional, seguindo o modelo de Otero Pedrayo
R. CARVALHO CALERO: A xente da barreira (1950)
► Realismo popular, etnográfico: narrativa breve, baseada nas lendas populares
ÁNXEL FOLE: Á lus do candil(1952)
► Realismo social: intención de denuncia, crítica e análise da sociedade
A ESMORGA_COLOQUIO
X. NEIRA VILAS: Memorias dun neno labrego (1962)
► Realismo fantástico: elementos populares extraídos da realidade, mesturados con outros de carácter fantástico
ÁLVARO CUNQUEIRO: Merlín e familia (1955)
► Nova Narrativa Galega: proxecto rupturista, renovador, tanto a ni- vel temático como formal, seguindo as tendencias europeas
X. L. MÉNDEZ FERRÍN: O crepúsculo e as formigas (1961)
No hay comentarios:
Publicar un comentario