lunes, 6 de febrero de 2023

FONÉTICA E FONOLOXÍA

FONÉTICA CON ACTIVIDADES INTERACTIVAS


Fonética e Fonoloxía

Fonética e a Fonoloxía son dúas disciplinas que se ocupan do estudo do material fónico das linguas.
Fonética encárgase do estudo dos sons como material acústico que constitúe a base da linguaxe humana e describe a realización fisiolóxica e as cualidades físicas que presentan eses sons.
Fonoloxía estuda os fonemas da linguaxe, é dicir, as unidades lingüísticas básicas que se opoñen para permitir diferenciar signos distintos.
O galego estándar conta con 27 fonemas: 7 vocálicos e 20 consonánticos. Estes fonemas descríbense atendendo a tres criterios:
  • O modo de articulación: É o xeito en que se modula o son, opoñendo (ou non) unha serie de obstáculos por parte dos órganos articulatorios á saída do aire. Nas vogais o modo de articulación relaciónase coa abertura.
  • O punto de articulación: Refírese ó lugar onde se produce o son.
  • Sonoridade: Un fonema é sonoro se na súa emisión vibran as cordas vocálicas, e é xordo se non vibran.

Fonema, son e grafía

Fonema é o elemento mínimo distintivo que non se pode dividir en unidades menores e que permite distinguir palabras. Os fonemas poden ser vocálicos ou consonánticos. Ten realización fonética (pódese pronunciar). Representación gráfica /k/
son refírese ás unidades fonéticas concretas pronunciadas por cada individuo en calquera acto de fala (realización física dun fonema) Representación entre corchetes
grafía ou grafema é a representación dos fonemas na escritura, as letras.
FONÉTICA DO GALEGO_INTERACTIVO

SISTEMA VOCÁLICO DO GALEGO

SISTEMA CONSONÁNTICO DO GALEGO

EXERCICIOS FONÉTICA

VOGAIS ABERTAS/PECHADAS

ACTIVIDADE FONÉTICA CONSOANTES

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VARIEDADES LINGÜÍSTICAS GALEGO

Unidade e variantes do galego Todas as linguas teñen distintas formas de falarse: unha estudante, un mariñeiro e unha médica, fal...