domingo, 8 de enero de 2023

LITERATURA S. XX: VANGARDAS





Renovación RADICAL das linguaxes de todas as expresións culturais.

ORIXE:
 Naceron como resposta á fonda crise das artes que se deu naqueles anos.
 Pretenden reflectir as novas formas de vida moderna.
 Vontade de explorar novos camiños.
 Difusión das ideas a través de MANIFESTOS.
 Movementos diferentes / PERO trazos comúns:
 Oposición ás vellas formas.
 Procura de novos camiños expresivos
 Creación de técnicas novas (imaxes, colaxes, caligramas, etc., etc.).

FUTURISMO: Marinetti (1909)
Manifesto do futurismo
Reflectir o mundo moderno: exalta a velocidade, as máquinas, o perigo, a audacia.
Discurso esencial e libre.

CUBISMO: Guillaume Apollinaire
Pintura (Picasso): formas xeométricas; colase.
En literatura: caligramas (“pintar con palabras”).
Imaxes visuais (mediante a disposición tipográfica dos versos) e distorsións sintácticas para reflectir a libre reconstrución da realidad e.

CREACIONISMO: Vicente Huidobro
Eliminar o anecdótico e descritivo.
Carácter antinarrativo.
Antisentimentalismo.
Romper a secuencia temporal lóxica: instantaneísmo e simultaneísmo.
Humor e ironía.
Ortografía expresiva: caligramas, etc. .
-Presenta afinidades co Cubismo e coincide no esencial co Ultraísmo.

DADAÍSMO: Tristan Tzara (1916)
Negación de todo, revolta contra a sociedade e a cultura do momento.
Caos.

SURREALISMO: André Breton (1924)
Cuestiónase os valores establecidos e manifesta un forte compromiso político.
En literatura: escrita automática, humor, absurdo, elementos oníricos (= relativo ós soños).
En relación coas teorías de Freud.

AS VANGARDAS EN GALICIA
 Fonda renovación literaria, sobre todo, poética:
 O manifesto Máis Alá! (do poeta Manuel Antonio e o pintor Álvaro Cebreiro).
 Revistas (Alfar, Ronsel, Papel de Color, Cristal, Resol, Yunque).
 Pintura (Carlos Maside, Torres, Laxeiro, Seoane, Souto, Colmeiro).

A XERACIÓN DE 1925 

IMAXINISMO (HILOZOÍSMO):
Luís Amado Carballo:
-Proel -O galo
- Paisaxe humanizada.
+métrica sinxela.
Imaxes vangardistas

NEOTROBADORISMO
-Fermín Bouza Brey: Nao senlleira
-Álvaro Cunqueiro: Cantiga nova que se chama ribeira.
Recupera as estruturas formais e mesmo temáticas da lírica medieval.

VANGARDISMO
- Álvaro Cunqueiro: Mar ao norde (~cubismo) / Poemas do si e do non (~surrealismo)
-Manuel Luís Acuña: Fírgoas
-Manuel Antonio: De catro a catro (~creacionismo). Asume as propostas dalgúns movementos de vangarda.


MANUEL ANTONIO: o poeta galego máis anovador PORQUE rompe co pasado poético galego e busca novas técnicas, por ex.: emprega o versolibrismo, anovadores efectos visuais para compoñer a páxina poética (é dicir, sangrados, caligramas, etc.), rompe coas coordenadas espazo-temporais usadas ata o momento e usa as diversas técnicas e novas implantadas polos distintos ismos das vangardas europeas (especialmente o ultraísmo e o creacionismo). Este autor é o exemplo galego máis claro da rebeldía futurista que proliferou en Europa nos primeiros anos do século XX.
O manifesto Máis Alá!, De catro a catro.

RAFAEL DIESTE: a renovación da prosa. Relatos: Dos arquivos do trasno, teatro: A fiestra valdeira. 


http://asvangardas.blogspot.com.es/

https://cadernodelingua.wordpress.com/2008/04/01/as-vangardas-artisticas/


MANS Á OBRA....

INTENTÁMOLO???…!!!

O obxectivo desta actividade céntrase en sintetizar os principais aspectos que caracterizan o movemento artístico de vangarda nas primeiras décadas do século  XX e ofrecer unha base sinxela e clara que nos permita comprender as actitudes e as formas do movemento artístico contemporáneo.

TAREFA

1. Realizar unha presentación que proporcione a información necesaria sobre cada vangarda (definición, cronoloxía, principais movementos: orixe, manifestos, autores, exemplos de obras.. )

2. Explicación breve dos principais recursos creativos utilizados polos movementos de vangarda e creación de textos propios.

1: Futurismo
·       Literatura vangardista: cadáver exquisito (aínda que usado tamén polos surrealistas):

-Página en inglés sobre el Futurismo: http://www.unknown.nu/futurism/

2: Cubismo
·       Literatura vangardista: Caligramas.

Página oficial de Apollinaire. En francés: http://www.wiu.edu/Apollinaire/
Algunos caligramas de Apollinaire: http://www.ubu.com/historical/app/index.html

3: Surrealismo
·       Literatura vangardista: Escritura automática.

https://www.youtube.com/watch?v=kedJ9ERNPAQ&t=306s


4: Dadaísmo
·       Literatura vangardista: poema dadaísta.


5: Creacionismo
·       Literatura vangardista: greguerías

-Página sobre Ramón Gómez de la Serna, uno de los principales introductores de las Vanguardias en España: http://www.ramongomezdelaserna.net/


https://www.youtube.com/watch?v=agxbhPQIxoI&t=4s

6: Ultraísmo
·       Literatura vangardista: linguaxes musicales (o “gíglico” e a “jitanjáfora”)

https://www.youtube.com/watch?v=c58RLkjA-3U

http://giglico.blogspot.com.es/2010/11/que-es-el-giglico.html
http://etimologias.dechile.net/?jitanja.fora
-Linguajes musicais: gíglico e jitanjáfora:

7: Neotrobadorismo
 Literatura vangardista: poema neotrobadoresco: recrea a atmósfera, os símbolos, as estruturas e procedementos paralelísticos, leixaprén, refrán, dobre, mordobre...)

8: Hilozoísmo ou Imaxinismo
Literatura vangardista: Humanización da paisaxe
http://asvangardas.blogspot.com/2008/06/o-hilozosmo-amado-carballo.html

E, ademais, como enlace interesante para conseguir imaxes que ilustren a presentación ou traballo escrito, a seguiente páxina, que trata os movementos de vangarda desde o punto de vista da arte:
http://www.spanisharts.com/history/del_impres_s.XX/arte_sXX/vanguardias1/introdvanguard.html


PRESENTACIÓN VANGARDAS

Valéndote do libro de texto, do blog de clase e destoutro blog: http://asvangardas.blogspot.com.es/,realiza un mapa mantal/ visual think sobre os diferentes movementos de VANGARDA e as súas características, autores representativos, obras… así como incluír un apartado no que consten as Vangardas en Galicia.

Podes facelo a man ou ordenador pero neste caso debes imprimilo e incluílo no teu caderno.

- O contido: nun mapa mental relacionamos ideas, non as explicamos.

- A selección: antes da elaborares o mapa cómpre que elixas os termos nos que se debe centrar a atención.


- A xerarquización: tes que ordenar os conceptos por orde de importancia ou inclusividade xa que deben estar dispostos indo do xeral ao particular.

- O impacto visual: unha vez que xa sabes o que queres que apareza e en que orde debes pensar na forma de representalo da forma máis simple e asemade atractiva (podes facelo en forma de visual thinking). 

- A presentación: agora xa estás en condicións de comezar coa elaboración definitiva do teu mapa, non esquezas que a orde e a limpeza son requisitos indispensables en calquera traballo académico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VARIEDADES LINGÜÍSTICAS GALEGO

Unidade e variantes do galego Todas as linguas teñen distintas formas de falarse: unha estudante, un mariñeiro e unha médica, fal...