viernes, 15 de mayo de 2020
lunes, 27 de abril de 2020
NOVA NARRATIVA GALEGA (NNG). TRABALLOS DOS ALUMNOS
UXÍA ESTÉVEZ - 4º ESO A
PABLO T. - 4º ESO B
LUCÍA D. - 4º ESO A
ANTÍA F. 4º ESO B
UXÍA CAMUÑAS - 4º ESOB
MARTA 4º ESO B
DAVID SANTOS 4º ESOA
FÁTIMA MENDES - 4ESOA
Mª JOSÉ 4º ESO A
MARTINA LIANG - 4º ESO B
ANSUR 4º ESO A
DAVID M - 4º ESO B
XABI 4º ESO A
EVA PICO 4º ESO B
NEREA - 4º ESO B
miércoles, 22 de abril de 2020
lunes, 16 de marzo de 2020
sábado, 15 de febrero de 2020
O VERBO
INDICATIVO (modo
non marcado, expresa a realidade)
Presente (ando, varro, parto):
1. Tempo presente e aspecto imperfectivo: falamos moito
esta tarde.
2.1. Presente intemporal ou permanente: o
carballo é unha árbore.
Realidades concibidas fóra do tempo, eternas ou de
validez ilimitada.
2.2. Presente habitual: temos clase
polas mañás.
Accións que se repiten con regularidade.
2.3. Presente por futuro (prospectivo): vémonos
mañá.
Acción futura.
2.4. Presente histórico: Rosalía
publica Cantares Gallegos o 17 de maio de 1863.
Acción pasada: frecuente en narracións para dar viveza e
proximidade psicolóxica.
2.5. Presente imperativo: Ti fas todo
o que che manden.
Copretérito ou imperfecto (andaba, varría, partía)
1. Tempo pasado, aspecto imperfectivo: moi ben o
pasabamos no verán.
Tamén, valor relativo relacionado con outro tempo: cando
cheguei á casa, saía Lula.
2.1. De cortesía: eu quería saber se
venden ordenadores.
Para preguntar ou pedir algo.
2.2. Narrativo: Unha vez había un
home ao que lle medraba a orella dereita.
Con certa vaguidade temporal.
Pretérito ou pretérito perfecto (andei, varrín, partín)
1. Tempo pasado en relación ao presente, aspecto
perfectivo: chegou onte pola noite.
2.1. Anterior a un momento futuro: cando
chegue a noite xa se esqueceu.
2.2. Futuro negativo: o coche que che
prometín creo que xa o viches.
Antepretérito ou pluscuamperfecto (andara, varrera, partira):
1.Acción anterior a outra pasada: cando cheguei á
estación xa marchara o tren.
2.1. De cortesía: quixera que me
deixase unha cousa.
2.2. Desiderativo: quen me dera esa
moto!
Este tempo pode aparecer en contextos idénticos aos do
pretérito de subxuntivo (non sabía que estiveras, non sabía que estiveses).
Pero a forma en -se non pode aparecer cos valores do antepretérito
de indicativo: cando cheguei, xa *marchase o tren.
Pospretérito ou condicional, futuro hipotético (andaría, varrería, partiría)
1. Acción posterior con respecto ao pasado: dixo
que despois che faría o encargo.
2. Probabilidade (sen significado
temporal): serían moi intelixentes, pero fracasaron.
Futuro (andarei, varrerei, partirei)
1. Acción que se realizará despois do presente: pasadomañá
xogaremos un partido.
2.1. De obrigatoriedade: mañá
estudarás máis.
2.2. De probabilidade: terá cincuenta
anos.
SUBXUNTIVO (modo da irrealidade; no terreo do desexo, da posibilidade…)
Presente (ande, varra, parta)
1. Tempo presente: dille que vaia hoxe.
2. Tempo futuro: quero que fagas todo
isto.
3. Imperativo: non berres que non son
xordo.
Pretérito (andase, varrese, partise)
Pode indicar pasado, presente ou futuro, dependendo da
situación na que se estea a falar: aconselloume que vise aquela
película, non creo que chegase aínda.
Futuro (andar, andares…)
Acción non real con probabilidade de realizarse: cando
viñeres pola casa, veralo.
1. Forma:
ten as mesmas desinencias que o infinitivo conxugado, de maneira que a súa
forma pero nos verbos irregulares leva a raíz de pretérito:
·
coincide
nos verbos regulares: andarmos e andarmos; comeren e comeren;
·
é
distinta nos irregulares por levar a raíz de pretérito:
infinitivo conxugado: dicirdes, quereren, caberes;
futuro de subxuntivo: dixerdes, quixeren, couberes.
2. Valor: indica unha acción futura non real pero con probabilidade de realizarse:
cando viñeres pola casa, veralo.
3. Uso: este tempo verbal está case perdido na fala
- consérvase en frases feitas e refráns: veña o
ben e veña por onde quixer;
- estase a recuperar sobre todo na lingua literaria e en
rexistros formais da escrita documental xurídica e administrativa: os
que botaren o lixo fóra dos colectores, serán multados.
IMPERATIVO: Expresa ordes, suxerencias, consellos…
Só ten como formas propias as p2 e p5: anda,
andade; varre, varrede; parte, partide. Nas outras persoas emprégase o
presente de subxuntivo:
Responde ao que che preguntan, que respondan ao que
lles preguntan.
INFINITIVO CONXUGADO
1.
Fórmase sobre a base do infinitivo nominal, tanto nos verbos regulares coma nos
irregulares: and-a-r, and-a-re-s, and-a-r,
and-a-r-mos, and-a-r-des, and-a-re-n
2. Emprégase nos seguintes casos:
2. Emprégase nos seguintes casos:
2.1. Cando leva suxeito distinto ao do
verbo da oración dominante: entrou na casa sen o saberen os
donos, ao chegaren as chuvias sacaban os paraugas.
2.2. Aínda tendo o mesmo suxeito que o da frase
dominante, cando vai precedido de preposición, sobre todo se vai
antes: paraachegáreste a eles, toma precaucións; antes de marchardes,
comede algo.
Cando vai posposto ao verbo da oración dominante,
usarémolo fundamentalmente se hai certa distancia entre ambos: Seguide
por ese estreito carreiro da beiramar ata verdes as illas.
3. Non o usaremos nunca:
·
nas
perífrases: tedes que traballar,
·
cando
a preposición é esixida polo verbo: non vos esquezades de
cerrar ben a billa.
4. Úsase
en frases completivas e circunstanciais do
máis variado:
·
completivas
(sen nexo): estardes atentos é fundamental, é preciso abrigármonos;
·
circunstanciais
(sempre encabezado por unha preposición, nunca conxunción):
·
finais
(con para): apurade un pouco máis o paso para
chegardes a tempo;
·
causais
(con por): por falarmos de máis, metémonos nun
compromiso;
·
temporais
(coa contracción ao): ao chegares, avísame;
·
condicionais
(con de): de cociñares mellor, contrataríante;
·
concesivas
e outros valores (con con): con choraren, non o van
conseguir.
MORFEMAS VERBAIS
- R = Raíz.
- VT = Vogal temática.
- SMT = Sufixo modo temporal.
- SNP = Sufixo número persoal.
miércoles, 12 de febrero de 2020
viernes, 20 de diciembre de 2019
NEIRA VILAS: MEMORIAS DUN NENO LABREGO
"Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Como quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña".A historia de Balbino é o testemuño da vida rural en Galicia nun tempo pasado.
Neira Vilas naceu en Gres (Vila de Cruces -Pontevedra) o 3 de novembro de 1928. Aos 21 anos emigrou a Buenos Aires, onde coñeceu á escritora cubana Anisia Miranda. Xuntos fundaron a editorial Follas Novas, para editar e distribuír libros galegos en América. O matrimonio desenvolveu unha intensa labor cultural vinculada a Galicia tanto durante a súa estancia en Buenos Aires como posteriormente cando se trasladaron a Cuba. Xa xubilados, instaláronse na localidade natal de Neira Vilas en 1992, onde puxeron en marcha a Fundación Xosé Neira Vilas, unha das entidades máis dinamizadoras da comarca. Anisia Miranda faleceu en outubro de 2009 e Xosé Neira Vilas faleceu o venres 27 novembro de 2015 na súa vivenda de Gres. O autor de"Memorias dun neno labrego" mantiña unha carreira literaria aínda en activo e o seu próximo proxecto era a estrea da adaptación teatral de"Querido Tomás"
Doctor Honoris Causa poa Universidad de A Coruña, membro da Real Academia Galega, Premio da Crítica Española e da Crítica Galega, Medalla Castelao, Pedrón de Ouro, Celanova dos Poetas.... O autor do primeiro "best seller" galego obtivo ao longo da súa traxectoria multitude de recoñecementos.
FRAGMENTO 1
FRAGMENTO 2: BALBINO PERDEUSE
FRAGMENTO 3: "Balbino non puidera celebrar o entroido por causa do loito"
FRAGMENTO 4: "Balbino non puidera ir á festa"
FRAGMENTO 5: FINAL
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
VARIEDADES LINGÜÍSTICAS GALEGO
Unidade e variantes do galego Todas as linguas teñen distintas formas de falarse: unha estudante, un mariñeiro e unha médica, fal...
-
VISUALIZAR A PARTIR DO MINUTO 14' 20" A chamada “Nova Narrativa Galega” (NNG) é un conxunto de obras editadas entre fins dos 5...
-
Unidade e variantes do galego Todas as linguas teñen distintas formas de falarse: unha estudante, un mariñeiro e unha médica, fal...
-
En 1939 acabou a Guerra Civil que consolidou un Estado que suprimiu as autonomías e que puxo como única lingua o castelán. Pero aínda así ap...
































