A historia de Balbino é o testemuño da vida rural en Galicia nun tempo pasado.
Neira Vilas naceu en Gres (Vila de Cruces -Pontevedra) o 3 de novembro de 1928. Aos 21 anos emigrou a Buenos Aires, onde coñeceu á escritora cubana Anisia Miranda. Xuntos fundaron a editorial Follas Novas, para editar e distribuír libros galegos en América. O matrimonio desenvolveu unha intensa labor cultural vinculada a Galicia tanto durante a súa estancia en Buenos Aires como posteriormente cando se trasladaron a Cuba. Xa xubilados, instaláronse na localidade natal de Neira Vilas en 1992, onde puxeron en marcha a Fundación Xosé Neira Vilas, unha das entidades máis dinamizadoras da comarca. Anisia Miranda faleceu en outubro de 2009 e Xosé Neira Vilas faleceu o venres 27 novembro de 2015 na súa vivenda de Gres. O autor de"Memorias dun neno labrego" mantiña unha carreira literaria aínda en activo e o seu próximo proxecto era a estrea da adaptación teatral de"Querido Tomás"
Doctor Honoris Causa poa Universidad de A Coruña, membro da Real Academia Galega, Premio da Crítica Española e da Crítica Galega, Medalla Castelao, Pedrón de Ouro, Celanova dos Poetas.... O autor do primeiro "best seller" galego obtivo ao longo da súa traxectoria multitude de recoñecementos.
FRAGMENTO 1
FRAGMENTO 2: BALBINO PERDEUSE
FRAGMENTO 3: "Balbino non puidera celebrar o entroido por causa do loito"
FRAGMENTO 4: "Balbino non puidera ir á festa"
FRAGMENTO 5: FINAL
No hay comentarios:
Publicar un comentario