lunes, 27 de abril de 2020

NOVA NARRATIVA GALEGA (NNG). TRABALLOS DOS ALUMNOS

UXÍA ESTÉVEZ - 4º ESO A


PABLO T. - 4º ESO B


LUCÍA D. - 4º ESO A

ANTÍA F. 4º ESO B



UXÍA CAMUÑAS - 4º ESOB

MARTA 4º ESO B


DAVID SANTOS 4º ESOA






FÁTIMA MENDES - 4ESOA

Mª JOSÉ 4º  ESO A

MARTINA LIANG - 4º ESO B



ANSUR 4º ESO A

DAVID M - 4º ESO B



 XABI 4º ESO A
 EVA PICO 4º ESO B

NEREA - 4º ESO B


sábado, 15 de febrero de 2020

O VERBO

INDICATIVO (modo non marcado, expresa a realidade)
Presente (ando, varro, parto): 
1. Tempo presente e aspecto imperfectivo: falamos moito esta tarde.
2.1. Presente intemporal ou permanenteo carballo é unha árbore.
Realidades concibidas fóra do tempo, eternas ou de validez ilimitada.
2.2. Presente habitualtemos clase polas mañás.
Accións que se repiten con regularidade.
2.3. Presente por futuro (prospectivo)vémonos mañá.
Acción futura.
2.4. Presente históricoRosalía publica Cantares Gallegos o 17 de maio de 1863.
Acción pasada: frecuente en narracións para dar viveza e proximidade psicolóxica.
2.5. Presente imperativoTi fas todo o que che manden.

Copretérito ou imperfecto (andaba, varría, partía)
1. Tempo pasado, aspecto imperfectivo: moi ben o pasabamos no verán.
Tamén, valor relativo relacionado con outro tempo: cando cheguei á casa, saía Lula.
2.1. De cortesíaeu quería saber se venden ordenadores.
Para preguntar ou pedir algo.
2.2. NarrativoUnha vez había un home ao que lle medraba a orella dereita.
Con certa vaguidade temporal. 

Pretérito ou pretérito perfecto (andei, varrín, partín)
1. Tempo pasado en relación ao presente, aspecto perfectivo: chegou onte pola noite.
2.1. Anterior a un momento futuro: cando chegue a noite xa se esqueceu.
2.2. Futuro negativoo coche que che prometín creo que xa o viches.

Antepretérito ou pluscuamperfecto (andara, varrera, partira):
1.Acción anterior a outra pasada: cando cheguei á estación xa marchara o tren.
2.1. De cortesíaquixera que me deixase unha cousa.
2.2. Desiderativoquen me dera esa moto! 
Este tempo pode aparecer en contextos idénticos aos do pretérito de subxuntivo (non sabía que estiveras, non sabía que estiveses). Pero a forma en -se non pode aparecer cos valores do antepretérito de indicativo: cando cheguei, xa *marchase o tren.

Pospretérito ou condicional, futuro hipotético (andaría, varrería, partiría)
1. Acción posterior con respecto ao pasado: dixo que despois che faría o encargo.
2. Probabilidade (sen significado temporal): serían moi intelixentes, pero fracasaron.

Futuro (andarei, varrerei, partirei)
1. Acción que se realizará despois do presente: pasadomañá xogaremos un partido.
2.1. De obrigatoriedademañá estudarás máis.
2.2. De probabilidadeterá cincuenta anos.


SUBXUNTIVO (modo da irrealidade; no terreo do desexo, da posibilidade…)

Presente (ande, varra, parta)
1.     Tempo presente: dille que vaia hoxe.
2.     Tempo futuro: quero que fagas todo isto.
3.     Imperativo: non berres que non son xordo.
Pretérito (andase, varrese, partise)
Pode indicar pasado, presente ou futuro, dependendo da situación na que se estea a falar: aconselloume que vise aquela película, non creo que chegase aínda.

Futuro (andar, andares…)
Acción non real con probabilidade de realizarse: cando viñeres pola casa, veralo.

1. Forma: ten as mesmas desinencias que o infinitivo conxugado, de maneira que a súa forma pero nos verbos irregulares leva a raíz de pretérito:

·       coincide nos verbos regulares: andarmos e andarmos; comeren e comeren;
·       é distinta nos irregulares por levar a raíz de pretérito:
infinitivo conxugado: dicirdes, quereren, caberes;
futuro de subxuntivo: dixerdesquixerencouberes.

2. Valor: indica unha acción futura non real pero con probabilidade de realizarse
cando viñeres pola casa, veralo

3. Uso: este tempo verbal está case perdido na fala
- consérvase en frases feitas e refráns: veña o ben e veña por onde quixer
- estase a recuperar sobre todo na lingua literaria e en rexistros formais da escrita documental xurídica e administrativa: os que botaren o lixo fóra dos colectores, serán multados.


IMPERATIVO: Expresa ordes, suxerencias, consellos… 
Só ten como formas propias as p2 e p5: anda, andade; varre, varrede; parte, partide. Nas outras persoas emprégase o presente de subxuntivo: 
Responde ao que che preguntan, que respondan ao que lles preguntan.

INFINITIVO CONXUGADO

1. Fórmase sobre a base do infinitivo nominal, tanto nos verbos regulares coma nos irregulares: and-a-r, and-a-re-s, and-a-r, and-a-r-mos, and-a-r-des, and-a-re-n

2. Emprégase nos seguintes casos:

2.1. Cando leva suxeito distinto ao do verbo da oración dominante: entrou na casa sen o saberen os donos, ao chegaren as chuvias sacaban os paraugas.

2.2. Aínda tendo o mesmo suxeito que o da frase dominante, cando vai precedido de preposición, sobre todo se vai antes: paraachegáreste a eles, toma precaucións; antes de marchardes, comede algo.

Cando vai posposto ao verbo da oración dominante, usarémolo fundamentalmente se hai certa distancia entre ambos: Seguide por ese estreito carreiro da beiramar ata verdes as illas.

3. Non o usaremos nunca
·       nas perífrases: tedes que traballar,
·       cando a preposición é esixida polo verbo: non vos esquezades de cerrar ben a billa.

4. Úsase en frases completivas e circunstanciais do máis variado:
·       completivas (sen nexo): estardes atentos é fundamental, é preciso abrigármonos;
·       circunstanciais (sempre encabezado por unha preposición, nunca conxunción):
·       finais (con para): apurade un pouco máis o paso para chegardes a tempo;
·       causais (con por): por falarmos de máis, metémonos nun compromiso;
·       temporais (coa contracción ao): ao chegares, avísame;
·       condicionais (con de): de cociñares mellor, contrataríante;

·       concesivas e outros valores (con con): con choraren, non o van conseguir.

MORFEMAS VERBAIS
  • R = Raíz.
  • VT = Vogal temática.
  • SMT = Sufixo modo temporal.
  • SNP = Sufixo número persoal.


















viernes, 20 de diciembre de 2019

NEIRA VILAS: MEMORIAS DUN NENO LABREGO

"Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Como quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña".

A historia de Balbino é o testemuño da vida rural en Galicia nun tempo pasado.


Neira Vilas naceu en Gres (Vila de Cruces -Pontevedra) o 3 de novembro de 1928. Aos 21 anos emigrou a Buenos Aires, onde coñeceu á escritora cubana Anisia MirandaXuntos fundaron a editorial Follas Novas, para editar e distribuír libros galegos en América. O matrimonio desenvolveu unha intensa labor cultural vinculada a Galicia tanto durante a súa estancia en Buenos Aires como posteriormente cando se trasladaron a Cuba. Xa xubilados, instaláronse na localidade natal de Neira Vilas en 1992, onde puxeron en marcha a  Fundación Xosé Neira Vilas, unha das entidades máis dinamizadoras da comarca. Anisia Miranda faleceu en outubro de 2009 e  Xosé Neira Vilas faleceu o venres 27 novembro de 2015 na súa vivenda de Gres. O autor de"Memorias dun neno labrego" mantiña unha carreira literaria aínda en activo e o seu próximo proxecto era a estrea da adaptación teatral de"Querido Tomás"

Doctor Honoris Causa poa Universidad de A Coruña, membro da Real Academia Galega, Premio da Crítica Española e da Crítica Galega, Medalla Castelao, Pedrón de Ouro, Celanova dos Poetas.... O autor do primeiro "best seller" galego obtivo ao longo da súa traxectoria multitude de recoñecementos.


FRAGMENTO 1

FRAGMENTO 2: BALBINO PERDEUSE

FRAGMENTO 3: "Balbino non puidera celebrar o entroido por causa do loito"

FRAGMENTO 4: "Balbino non puidera ir á festa" 

FRAGMENTO 5: FINAL

VARIEDADES LINGÜÍSTICAS GALEGO

Unidade e variantes do galego Todas as linguas teñen distintas formas de falarse: unha estudante, un mariñeiro e unha médica, fal...