martes, 16 de mayo de 2023

SOCIOLINGÜÍSTICA (III)


Unha vez que temos na mente o panorama lingüístico de Galicia, vistos diferentes conceptos que teñen que ver coa fala das distintas persoas...   imos opinar nós dunha forma personalizada e realista. A tarefa será sinxela pero toca implicarse... 

 

PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS (ACCEDER DESDE O CLASSROOM)  



TAREFA  (PRESENTACIÓN E EXPOSICIÓN DUN TRABALLO FINAL SOBRE A NOSA LINGUA INVESTIGANDO SOBRE OS SEGUINTES PUNTOS) PODEDES REALIZAR A TAREFA EN PARELLA OU, EN CASO DE NECESIDADE, EN GRUPO DE 3 (non máis). TRABALLADE NALGUNHA PLATAFORMA ONLINE NA QUE POIDADES TRABALLAR DE FORMA SIMULTÁNEA E ÓPTIMA  (presentacións de Google, Genially, Padlet, Canva, Glogster, Muraly, Prezi, Powtoon...) 

I. CUESTIÓNS PREVIAS (Individual)
-  Que lingua falas? Por que? Que representa para ti o galego? fálalo algunha vez?, cando?, con quen?, en que situacións?
-  Por que pensas que moitos mozos e mozas falan ou falades castelán en lugar de galego?
-  Pensas que hai conflito lingüístico en Galicia?
-  Como ves o futuro no que respecta á lingua galega?
- En que lingua pensas que falarás cando sexas adulto? En que lingua lles falarás aos teus fillos? Por que?
-  Agora investiga na túa familia: pais, avós, tíos etc. Que lingua falan? Empregan a mesma lingua en todas as situacións?
- Pensas que é posible comezar a falar unha lingua nova en todos os ámbitos da vida ou, polo menos, nalgúns?
- Paréceche que en Galicia pode ser un esforzo falar galego? E castelán? Xustifica as túas respostas.
-  Cres que a xente de fóra que vén a Galicia debe aprender galego? Por que?

II.- O GALEGO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
A. Medios de comunicación escrita (xornais e revistas).
 Que periódicos hai en galego? E revistas? Descubriches xornais ou revistas que non coñecías? (Investiga na rede) Cales?
Adecúanse as súas temáticas ás túas inquietudes? Por que?
Por último, que autores de banda deseñada en galego coñeces?
Este xénero é moi abundante na nosa lingua e, ademais, de gran calidade. Consulta as seguintes páxinas e comprobaralo. Pode que, por descoñecemento, estiveses perdendo a oportunidade de rir “a cachón”. Pero estás a tempo de remedialo.
http://www.culturagalega.org/bd/             http://kikodasilva.blogspot.com/                        http://revistaretranca.blogspot.com/                           http://www.xosetomas.es/                                    http://www.bdbanda.com/

B) Medios de comunicación audiovisuais (radio e televisión).
Á parte da CRTVG, coñeces outras radios ou televisións que emitan en galego? Cales?
Que programas ves ti frecuentemente?
Cales son os programas estrela da TVG? A que tipo de público van dirixidos maioritariamente?
Pensas que contribúe a reforzar os estereotipos e prexuízos existentes cara ao galego ou ben que axuda a combatelos? Xustifica a resposta.
Tras revisar a programación da TVG, descubriches algúns programas que non coñecías e que che poden resultar interesantes (aínda que quizais non sexan dos que teñen máis audiencia)?

C) Internet.
Infórmate, en primeiro lugar, da porcentaxe de presenza na rede das seguintes linguas: galego, inglés, portugués, castelán, alemán etc. Reflexiona sobre as causas deste feito.
Cantos blogues en lingua galega pensas que existen? Investiga
Navega por algún blogues na busca daqueles que máis se adecúen aos teus intereses, gustos e inquietudes. Fai unha selección  dos 10 que máis che interesen. Xustifícao.

D) Persoeiros.
Coñecedes persoeiros galegos que falen en galego, como deportistas, cantantes, actores, presentadores de televisión, debuxantes de cómic etc., aínda que non sexan tan “mediáticos” coma Jesús Vázquez ou Paula Vázquez. Intentade elaborar unha lista o máis exhaustiva posible.
En canto ao teu contorno máis inmediato, que persoas coñecidas poderían converterse en símbolos de uso da lingua por ser total ou parcialmente galegofalantes?

III. Música
a) Proba musical: elabora unha lista cos cantantes ou grupos musicais en galego que coñezas. Que estilo predomina?
b) Compartes as seguintes opinións? Xustifícao
“1.—Música por ejemplo, música en gallego para juventud apenas hay”.
“2.—O que hai máis ou menos son cancións ou xa moi moi vellas ou gaitas”.
“3.—Despois tamén estamos oíndo sempre música en castellano. É o que oes por aí, nas emisoras así máis importantes pois claro é todo en castellano”.
“4.—A música que escoitamos é de procedencia anglosaxona, co cal todo é inglés”.
c) Agora, coa axuda de internet, busca grupos musicais en galego de cada un dos seguintes estilos: rock, hip-hop, tradicional, tecno, folk, cantautor, infantil etc. Escoita algunha mostra da súa música e coméntaa. Fíxate tanto no contido das letras coma na música.
e) Descubriches grupos novos? Cales?

IV. Neofalantes

a) Visualiza este vídeo. Manual de autoaxuda para neofalantes | Belen Regueira | LGx15

https://www.youtube.com/watch?v=IozXGh5jh-c


b) Estás de acordo coas seguintes opinións? Xustifícao
 “1.—Hai aínda moita xente que pensa que o galego solo o falan a xente que vén do monte ou os que se cren moi intelectualillos”.
“2.—Que eres do monte, que eres cerrado, que eres un nacionalista”.
“3.—Pero non ten que ver, porque hai moita xente que fala galego e non por eso é máis do bloque ou é tan nacionalista”.

c) Exercicio de práctica persoal:   «Neoparellas» de Neofalantes 
Atréveste a pasar un día enteiro falando galego? E unha semana? Leváo á práctica (de maneira individual e coa túa "neoparella") e apunta as principais dificultades que che supuxo este cambio de lingua, así como as distintas reaccións da xente do contorno (familia, amigos, compañeiros de clase, profesores etc.). Reflexiona sobre as dificultades que implica calquera cambio de lingua. Parécenche insalvables?
Elabora unha lista do que debemos facer se a nosa intención é animar a xente que empeza a falar en galego.


V. O futuro depende de min?
-       Que inconvenientes supón para ti vivir nunha comunidade bilingüe? E que vantaxes?
-       Cal sería, na túa opinión, a situación lingüística ideal, cara ao futuro?
-       E o futuro do galego en concreto, como o ves?
-       Que che parece máis importante para que un idioma se manteña vivo?
-       En que medida a responsabilidade é da xente e en que medida das institucións?

VI. As linguas no mercado laboral
Reflexiona sobre o papel da lingua no ámbito laboral:
a)  Que vantaxes ou inconvenientes pode implicar o dominio de varias linguas á hora de acceder ao mercado laboral?
b)  E no caso do galego, pensas que o seu coñecemento pode axudarche a atopar traballo?

VII. Bilingüismo e plurilingüismo
a) O galego é a lingua con menor número de falantes de Europa?
b) En Europa, a maioría dos estados son monolingües
?
c) Hoxe en día, o inglés é unha lingua internacional? Por que?
d) Sabes que en España se falan 7 linguas? Poderías citar cales son?
e) Cantos estados hai en Europa? Cantas linguas se falan aproximadamente en Europa? E no mundo?

VIII. EN GALEGO. XA! SI!
 Busca en internet campañas publicitarias a favor do uso do galego, promovidas por diferentes axentes: institucións, concellos, sector comercial e empresarial, organizacións e asociacións. Pon exemplos. En que ámbitos concretos se centran? Que repercusión tiveron?
 É posíbel vivir en galego? Falalo sen trabas, relacionarse, ver o mundo, traballar, ser atendidos na nosa lingua?
 No camiño da normalización (algúns exemplos)
Medios de comunicación: iniciativa Vitaminas para o galegoEmisoras municipais,CRTVG



IX. TOCA SER CREATIVOS!!!!
 Agora tócavos a vós: inventade os vosos propios spots publicitarios, canción…  para animar a xente nova a falar galego. Ha ser audiovisual xa que o imos publicar nas redes do colexio

Ideas
REGUEIFEANDO MARÍN                








ESCOLA DAS AREAS está baseado nun texto de Frei Martín Sarmiento. Frei Martín Sarmiento vén a Pontevedra para buscar un remedio para a variola. Alí discute cun mestre sobre a necesidade de lles ensinar aos nenos o galego. Para demostrar a súa tese en favor do noso idioma, Sarmiento aposta que pode ensinarlle a un rapaz, Alfonsiño, a ler e escribir en tres días co seu propio método educativo


MÁIS INFORMACIÓN

A MEMORIA DA LINGUA
Vinte entrevistas a persoas de diferentes idades e condicións sociais aproxímannos á memoria histórica da lingua galega. Unha nova perpectiva para ollar o galego e para sacar do esquecemento a situación de represión que viviu e vive a nosa lingua. 
A través da historia viva das súas protagonistas achegámonos ao pasado máis recente da lingua galega e tamén á situación actual que está a vivir



 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

VARIEDADES LINGÜÍSTICAS GALEGO

Unidade e variantes do galego Todas as linguas teñen distintas formas de falarse: unha estudante, un mariñeiro e unha médica, fal...