domingo, 16 de octubre de 2022

XERACIÓN NÓS



XERACIÓN NÓS + AUTORES 

Formada polo chamado Cenáculo Ourensáncomposto por Otero Pedrayo, Losada Diéguez, López Cuevillas e Vicente Risco, ao que logo se suma Castelao.
• Todos eles nacen arredor de 1885, en Ourense, teñen estudos universitarios, familias acomodadas, comparten o proxecto das Irmandades, colaboran no Seminario de Estudos Galegos e conflúen no Partido Galeguista.
•   Case todos os membros desta xeración explicaron a súa evolución ideolóxica: pasaron dunha actitude cosmopolita e individualista, afastada da realidade próxima (estaban vivindo nas súas "torres de marfil" lendo autores europeos e interesados polas culturas máis arredadas e exóticas) a descubrir Galiza, facerse galeguistas e europeístas. 
• Dálles nome a revista ourensá Nós (1920-1936), na que Risco é director literario e Castelao director artístico.
• Nós é a publicación máis destacada deste período e nelaao igual que no SEG, estúdase a cultura galega en todas as súas manifestacións dándolle cabida tanto a intelectuais galegos como europeos.
• A revista, vencellada ao pensamento nacionalista, pretendía normalizar o uso do idioma e elevalo dos usos orais á alta cultura. Mesmo a publicidade era maioritariamente en galego. Pretendeuse tamén que o seu deseño gráfico axudase a conseguir esa dignificación e a crear unha estética xenuinamente galega.

• Obxectivo: pór a cultura galega ao mesmo nivel das culturas europeas  e modernizando o discurso literario en todos os xénerosCompártese a máxima do Partido GaleguistaGaliza, célula de universalidade (lema no que a Xeración Nós resumiu a súa vocación europeísta e internacionalista)


 

RECREACIÓN TEATRALIZADA: compañía Os Quinquilláns A través dunha viaxe no tempo da Xeración Nós a 2020, da man da compañía Os Quinquilláns, con esta visita teatralizada interactuarase co público presente na Deputación de Pontevedra para facelo partícipe, cen anos despois, da pequena gran revolución que supuxo para o noso legado cultural. Ademais, a aparición dunha interesante figura feminina que colaborou na revista, Margot Sponer ( lingüista alemá que, con Documentos antigos de Galicia, converteuse nunha das pioneiras dos estudos galegos no mundo), poñerá en valor o papel da muller na época, ademais de visibilizar a proxección internacional desta publicación singular.. Unha visita teatralizada de membros da Xeración Nós que viaxan a 2020 para interactuar co público e coas persoas representantes da cultura galega actual. 
Elenco: Antón Losada (Víctor Mosqueira), Risco (Josito Porto), Cabanillas (Loito Penabade), Castelao ( Dane García) e Margot ( Tero Rodríguez).  

Ata o min 30´

 

A XERACIÓN NÓS (+ Risco e Otero Pedrayo)


CASTELAO


jueves, 15 de septiembre de 2022

A NARRACIÓN


Esquema de Lourdes Doménech para comentar un texto narrativo


O TEMA

O tema é o asunto do que trata a historia: o que unha nai é capaz de facer polos seus fillos. As consecuencias emocionais das mentiras. A falta de liberdade de expresión nun país baixo unha ditadura militar. As consecuencias psicolóxicas do incesto. O amor prohibido (Romeo e Xulieta). A envexa e os celos (Brancaneves)...

O ARGUMENTO
O argumento é o conxunto de accións que realizan os personaxes no desenvolvemento da historia, dispostas en orde cronolóxica e sen relacións causais. (Había unha vez un señor que fixo isto, e daquela aquilo, e despois isto outro, e ao final pasou isto)

Por exemplo: Dous irmáns son abandonados no bosque polos seus pais. Pérdense, atopan unha casiña de chocolate e quedan a vivir coa súa dona, unha anciá que resulta ser unha bruxa que encerra ao neno e engórdao para comerllo, mentres a nena ten que facer tarefas da casa. Pero os nenos logran enganar á bruxa, e conseguen fuxir e atopar o camiño para reunirse co pai. ( Hansel e Gretel, Irmáns Grimm.)

A TRAMA
A partir do argumento (sucesión en orde cronolóxica dos feitos, sen relación causal), elaboraremos a estrutura da historia, é dicir, a trama: a forma en que presentaremos os feitos, que pode coincidir ou non coa orde cronolóxica do argumento, e as súas relacións causais.
A trama impón a estrutura do relato, desde a cantidade e extensión dos capítulos dunha novela, ata as anacronías: o relato pode empezar polo principio (ab ovo), polo medio (In media res), polo final (In extrema res), conter retrospeccións ( analepses ou flash back), ou prospeccións (prolepses ou flash foward).

analepse ("flashback”) é unha técnica que altera a secuencia cronolóxica da historia e trasládanos cara ao pasado. Utilízase moitas veces cando un personaxe comeza a lembrar algo que lle sucedeu ou cando se retrocede no tempo da narración.

prolepse ("flashforward”) é un salto cara a adiante no tempo, para despois retornar ao momento presente da narración, actuando como recurso de anticipación máis aló dos límites do relato.


WEB ANACRONÍAS
 
ANALEPSE E PROLEPSE

 
ANALEPSE

 

PROLEPSE INTERNA (ALICIA)

EXEMPLOS VISUAL THINKING 







domingo, 1 de mayo de 2022

NNG - O XOGO DA GUERRA

O XOGO DA GUERRA (Vento ferido, Carlos Casares)
O xogo da guerra é o primeiro relato do primeiro libro publicado polo escritor Carlos Casares, Vento ferido (1967).

Déixovos a continuación unha curtametraxe realizada por uns alumnos dun instituto de Xinzo da Limia (pobo natal de Casares) na que se adapta á pantalla esta pequena obra.



“O xogo da guerra”
Botaron a sortes e tocoume a min. Eu penso que fixeron trampa, pero calei. Díxome o Rata: "Vai". Eu non quería ir, digo a verdade. Pero cando o Rata dicía vai, había que ir. O Rata estaba tolo, segundo a miña nai. Pero eu penso que non estaba tolo, que era atravesado e de mala lei. "Vai", dixo outra vez. E fun. A casa de don Domingo quedaba lonxe. Algo asó como a dous quilómetros. Tiven que dar un rodeo para non pasar por diante da zapatería do meu pai. Pensei:"escapo para a casa e xa está". Pero collín medo. Ademais ía calor e na casa no verán non se para coas moscas. Cheguei ao chalé de don Domingo e berrei: -¡Zalo...!
Ladraron os cans. Agardei un pouco e volvín chamar:
-¡Zalo..!
Cando apareceu, de seguida me dei conta de que viña de durmir a sesta. Díxome: "¿Que pasa!? Eu díxenlle: "O Rata agárdate no río. Cazou unha bolboreta moi bonita. Di que vaias, que cha dá para a coleción". O Zalo era tolo polas bolboretas. E o Rata, que cabrón, cómo lle sabía dar co gusto á xente. -¿Onde está o Rata? -No campo da Bomba. Saímos correndo. Cando chegamos, o Rata estaba bañandose no río. Ao nos ver, saíu. Mirou ao Zalo con cara de atravesado e díxolle: "Hola, "¿Queres a bolboreta?". O Zalo volveuse cara a min como preguntando. A verdade, eu non quería. O Rata asubiou e entre todos botáronse ao Zalo. Espírono e atárono a un amieiro. O Zalo choraba e a min déronme ganas de chorar. Eso non se lle fai a ninguén e menos a traición. O Rata chuspiulle alí, naquel sitio, e chamoulle caguetas. "Non se chora", dixo. Despois colleu un vimbio e pasoullo polas pernas o pola barriga sen lle dar. Botamos a sortes e tocoume a min. Quixen fuxir ou tirarme ao río, pero o Rata miroume así, como mira el, e collín o vimbio. "Veña"- Díxenlle que non. "Mira, Rafael, que te imos atar a ti". "Non", "Mira Rafael, que non me enchas". "Mira Rafael..." Pola voz souben que me ía dicir o da miña nai. Agarrei o vimbio e funme cara ó Zalo. Eu non quería, ben o sabe Deus. E deille no pescozo. Os outros berraron: "¡Máis!" E eu non vía. E

daba. E sentía o sol dentro da cabeza e os chíidos do Zalo, que se me espetaban nos ouvidos. E daba. "¡Máis!" Doíame o brazo de tanto subir e baixar. "¡Máis!" Cando mirei para o Zalo gañei medo. Sangraba por todas partes e comíano as moscas. Estaba como morto. Non falaba. O Rata e os outros fuxiron. Eu tamén fuxín. Eu non quería, digo a verdade. Díxenllo a aquel señor, pero non me fixeron caso. Tamén lle dixen que fora por sortes, que em tocara a min. Pero non me escoitou. Faloume do inferno e entón calei.
Agora estou neste colexio. Aquí levo un ano. É primavera e non podo saír. Ao mellor saio para xuño. Onte leváronme á sala de castigos. Din que non se pode andar sós, que hai que xogar. Tampouco se pode andar de dous an dous. A puta que os pariu a todos. Eu quero andar só para pensar. A min non me gusta xogar ao fútbol nin ao frontón. Gústame xogar no labavo. E non se pode. Está prohibido. Pero polas noites, cando todos dormen, érgome e vou aos lavabos e xogo á guerra. Pollo día collo moscas e gárdoas nunha caixa de mistos. Pola noite meto as moscas na pileta e ábrolle á billa, pouquiño a pouco, paseniño. As moscas soben, foxen pola pileta enriba, pero eu doulles para abaixo cunha paliña e afogan. É a guerra. Un día colléronme e leváronme á sala de castigos. E chamáronme marrán por andar coas moscas nas mans. ¿E que? Se non fose pola guerra, podrecía de noxo. No inverno, como non había moscas, xogaba cos cachiños de papel, pero non é tan bonito.
Para xullo din que saio. O Rata, ao mellor, pensa que me esquecín. Estache bon. Estache bon. Heino arranxar ben arranxado. El ha pensar que somos amigos. Estache bon ¡Ai, Rata! “¿Vés ao río?” El vén, que lle gusta moito. “¿Xogamos aos submarinos?” El xoga, que lle gusta moito xogar aos submarinos. Primeiro paso eu. Paso dúas ou tres veces. Despois que pase el. Eu escarránchome e el pasa por debaixo da auga entre as miñas pernas. E así dúas ou tres veces, para que se confíe. Pouquiño a pouco. Paseniño. E entón, hala, cando pase, pecho as pernas e queda preso polo pescozo. Pouquiño a pouco. Paseñino. Como as moscas da pileta.
Carlos Casares, Vento ferido (1967)
EXPLICA E XUSTIFICA:

1. Tema e argumento.

2. Narrador.

3. Tempo e espazo.
4. Personaxes (principais e secundarios: características físicas e psicolóxicas).
5. Sinala as características da Nova Narrativa que aparecen neste texto.

VARIEDADES LINGÜÍSTICAS GALEGO

Unidade e variantes do galego Todas as linguas teñen distintas formas de falarse: unha estudante, un mariñeiro e unha médica, fal...