domingo, 30 de abril de 2023

POESÍA GALEGA DE POSGUERRA

En 1939 acabou a Guerra Civil que consolidou un Estado que suprimiu as autonomías e que puxo como única lingua o castelán. Pero aínda así apareceron algúns poemarios en galego e Filgueira Valverde redactaba o folleto chamado “O gaiteiro de Lugo”. No ano 1949 creou a editorial dos Bibliófilos Gallegos que publicaría a primeira novela longa da posguerra.

A LINGUA GALEGA ASOMA A ORELLA EN 1949

Dentro de Galicia comeza unha tímida recuperación a partir de 1947, coa publicación de Cómaros verdes. No 1949 sae en Pontevedra a Colección Benito Soto, dirixida por Celso Emilio Ferreiro e no ano seguinte, constitúese a Editorial Galaxia, que abre novos camiños.

EDITORIAL GALAXIA

Esta anómala situación provoca que vexan a luz simultaneamente as obras de tres xeracións diferentes:














I. Xeración do 36. Poetas nados entre 1910-20; a guerra cólleos na súa xuventude. Son poetas de culturas e estilos moi diferentes: A. Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Aquilino Iglesia Alvariño, María Mariño, etc.






II. Promoción de Enlace, nados entre 1920-30. Tampouco son un grupo coherente. Formados culturalmente en castelán, escriben primeiro nas dúas linguas. Viven o drama social da posguerra e a pobreza cultural dunha sociedade censurada e bastante illados da cultura europea: Luz Pozo Garza, Manuel Cuña Novás...

III. Poetas das "Festas Minervais", nados entre 1930-40, non coñecen a Guerra Civil: Manuel María, Uxío Novoneyra, Xoana Torres, ou Méndez Ferrín... Neles xa existe unha conciencia de grupo, implicándose en feitos colectivos como a restauración das Festas Minervais universitarias ou a creación do grupo Brais Pinto. Mantéñense en contacto e comparten afinidades ideolóxicas contribuíndo a crearen as organizacións nacionalistas de esquerdas.
Seguen as tendencias anteriores: hilozoísmo, neotrobadorismo, paisaxismo ruralista... Pouco a pouco irán aparecendo formas novas nesta posguerra: intimismo -seguindo a liña iniciada por Rosalía-, clasicismo... A forma poética máis característica será a Escola da tebra ou "poesía do neboeiro": poesía intimista de enfoque pesimista da vida, que mestura contidos existencialistas e fórmulas surrealistas.

A finais dos 50 xorde o realismo coloquial, que foxe da linguaxe poética tradicional e explora as posibilidades da linguaxe da rúa abrindo o camiño á poesía socialrealista. Esta será a liña temática absolutamente dominante ata mediados os anos 70.




Poesia galega de posguerra de noagaliza

AMPLIACIÓN
A partir de 1950 debemos destacar algúns acontecementos culturais que marcan a vida da literatura galega:
– A Colección Benito Soto de poesía foi un proxecto editorial levado a cabo en Pontevedra entre 1948 e 1952 polos poetas Emilio Álvarez Negreira, Sabino Torres Ferrer, Manuel Cuña Novás e o pintor Rafael Alonso.
– A Editorial Galaxia
A editorial Galaxia foi fundada o 25 de xullo de 1950 en Santiago de Compostela por un grupo de galeguistas entre os que atopaban Otero Pedrayo, Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro ou Xaime Illa Couto.
En 1957, crea a colección de poesía Illa Nova, que se estrea coa publicación do libro de Xohana Torres “Do sulco”.
– O Grupo Brais Pinto (1958)
A finais dos anos 50 do século pasado, un grupo de estudantes e intelectuais galegos coinciden en Madrid, Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Reimundo Patiño, Xosé Fernández Ferreiro, Bautista Álvarez, Ramón Lourenzo, Uxío Novoneyra, César Arias, Herminio Barreiro, Aleixandre Cribeiro, Manoel María e ‘Ben-Cho-Shey’. Entre todos deciden fundar o Grupo Brais Pinto. Organizan faladoiros, actividades culturais, crean unha editora e unha colección de poesía.

VARIEDADES LINGÜÍSTICAS GALEGO

Unidade e variantes do galego Todas as linguas teñen distintas formas de falarse: unha estudante, un mariñeiro e unha médica, fal...